Misión. Visión. Valores

MISIÓN

Somos unha organización privada, non lucrativa, non gobernamental, apolítica e independente formada por homes e mulleres, profesionais da Cooperación Internacional e da Intervención Social que queremos ser partícipes no desenvolvemento de iniciativas solidarias. E que baixo un punto de vista profesional pretende colaborar e contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario no seo de colectivos da nosa comunidade.

VISIÓN

Somos una organización independente que engloba a diferentes profesionais cunha experiencia multidisciplinar. Esto fainos atesorar un know how adquirido tras moitos anos de traballo e que temos a responsabilidade de devolvelo á sociedade traballando co Terceiro Sector, Administración Pública, Empresa co fin de fortalecer o tecido solidario.

Consideramos que a calidade das accións do terceiro sector é unha das premisas para acadar un desenvolvemento humano sostible dos sectores máis vulnerables, por iso queremos contribuir a acadar dita mellora da calidade a través da investigación, a innovación constante, a formación especializada, a xestión organizada e a avaliación contínua.

VALORES

  • Defensa e promoción dos Dereitos Humanos
  • A loita pola procura da igualdade, equidade e desenvolvemento humano sostible.
  • Fomento dunha participación coordinada, igualitaria e activa dos diferentes actores tanto públicos como privados dos países en vías de desenvolvemento e dos países desenvolvidos nas distintas accións de Cooperación Internacional e Acción Social.
  • A innovación, investigación e formación constante en materia de Cooperación Internacional e Acción Social.
  • A profesionalización da cooperación e a mellora da calidade das accións de Cooperación Internacional e Acción Social.